Quen somos

LODECO é unha empresa constituída no ano 2008, que naceu co obxectivo de ofrecer servizos integrais e de calidade tanto a institucións públicas como a entidades privadas e a particulares, en tres ámbitos:

A METODOLOXÍA que utilizamos aposta pola educación en valores, por unha forma de vida saudable, pola integración das persoas e colectivos no entorno social e pola conservación da nosa cultura mediante o xogo popular e tradicional.

Comprometidos coa sociedade e coa prestación duns servizos personalizados e adaptados ás necesidades dos nosos clientes, buscamos ofrecer actividades dinámicas e atractivas “para as persoas”, mediante a creación de espazos de convivencia orientados ao fomento da actividade física e a práctica deportiva, á realización persoal, ao avance social da nosa comunidade e á ocupación do tempo de ocio.

Así, a partir da demanda concreta dunha institución, entidade ou particular encargámonos de deseñar, programar, executar e avaliar as nosas accións e intervencións, todas elas levadas a cabo por persoal técnico e cualificado. Contamos ademais, cos recursos materiais necesarios para levar a cabo o noso labor. Deste xeito, ofrecemos alternativas efectivas e orixinais a temáticas concretas.

©Loxística do Deporte, a Cultura e o Ocio.
Diseñado por Paralelo43